O contrato por obra

Cos datos que se che facilitan, cubre o seguinte modelo de contrato:
CONTRATO POR OBRA

NÓMINA

Mira a seguinte presentación na que aparece moi resumido o que é unha nómina ou recibo de salarios e cubre a que se che entregou cos datos que se che facilitan

Accidentes de traballo

Vai ó seguinte enlace:

Estatísticas de accidentes

Abre un documento de word, contesta ás seguintes preguntas e envíamo ó meu correo:

1. Na páxina 3 do documento aparecen os accidentes de traballo por sectores de actividade e provincia. En Lugo, que sector ou sectores tiveron máis accidentes leves, graves e mortais durante o mes de marzo de 2009?

2. En total, que sector tivo máis accidentes? Valora este dato

3. Na última folla aparecen datos sobre os accidentes in itinere en Galicia. Sabes que son este tipo de accidentes? Búscao no seguinte enlace: wikipedia. Explícao coas túas propias palabras

4. Nesa mesma folla dísenos a causa dos outros 7 accidentes de traballo mortais que houbo en Galicia no mes de marzo. Cales son esas causas?

5. Os atrapamentos e aplastamentos son unha das principais causas de morte no traballo segundo as estatísticas.  Mira o seguinte documento:

Protección de máquinas

Unha vez que o leas, contesta:

a. Que é un resgardo?

b. Comenta si no taller se cumplen coas medidas que aparecen no documento e si existen nas máquinas proteccións das que se nomean: resgardos fixos ou móbiles, mandos sensitivos,…

6. A última medida preventiva que podemos tomar para evitar accidentes de traballo é a utilización de equipos de protección individual (EPI´S). Nos seguintes enlaces aparece a definición de epi e as normas de uso. Léeos e despois di coas túas palabras qué é un epi. Pon algún exemplo que se che ocorra:

Definición Normas de uso

7. Por último, no seguinte enlace aparece unha clasificación dos EPI´s. Mírao e despois di cáles usas no taller e para previr qué risco e se pensas que se podería utilizar algún máis

Clasificación

Entrevista persoal II

No simulador de entrevistas que acabas de facer, aparecen recomendacións nun apartado, chamado «información relacionada», sobre o que debes facer para prepararte antes dunha entrevista, despois da mesma e outra información teórica.

Abre un documento de word e contesta ós seguintes puntos:

a. Qué debes facer tras escoller un anuncio cunha oferta de emprego?

b. Di as actuacións que consideras máis importantes das que aparecen recollidas para antes dunha entrevista de traballo.

c. Que tres cousas hai que facer unha vez rematada a entrevista?

d. Que catro tipos de entrevistas se recollen? Di brevemente en qué consiste cada unha delas

e. Os dous aspectos máis importantes a ter en conta durante unha entrevista o sobre os que o entrevistador vai a facerche unha avaliación son…

Envíame o documento ó seguinte correo electrónico:

pcpipolitecnicolugo@gmail.com

Entrevista persoal

Si a unha empresa lle interesa o voso cv pode chamarvos para facer unha entrevista.

A entrevista debedes preparala sempre. No enlace seguinte tedes un simulador con indicacións e recomendacións para facelo.

Entrade na páxina e seguide as súas indicacións

SIMULADOR DE ENTREVISTAS

Currículum vitae

Xa fixemos durante o curso algún modelo de currículum vitae. A vosa actividade agora consiste en facer o cv europeo. Déixovos un enlace dunha páxina onde teredes que ir completando os diferentes apartados e ó final teredes a opción de que volo envíe ó voso correo. Facédeo así e reenviádemo despois ó enderezo da actividade anterior.

CV EUROPEO

Procura de ofertas e carta de presentación

Unha vez que xa esteas dado de alta, volta á páxina principal e busca algunha oferta de emprego que che interese e para a que te consideres capacitado.

Cando a atopes, redacta unha carta de presentación en resposta á mesma. Déixovos un enlace cunha presentación sobre cómo redactala e a súa utilidade e uns modelos que vos poden servir de guía. Faino nun documento de word e envíamo ó seguinte enderezo:

pcpipolitecnicolugo@gmail.com

CARTA DE PRESENTACIÓN

MODELO DE CARTA DE CONTESTACIÓN A UNHA OFERTA

MODELO DE CARTA DE AUTOCANDIDATURA

Procura de emprego

Durante o curso vimos os sitios onde podíades buscar emprego. Comentamos que un deles, moi importante na actualidade, é internet.

Déixovos aquí varios enlaces con páxinas de búsqueda de emprego. Escollede unha delas e dádevos de alta como usuarios.

INFOJOBS

INFOEMPLEO

GALICIA EMPLEO

PRIMER EMPLEO

Recuperación

Vamos a comezar coa recuperación do módulo que se vai a levar a cabo durante todo este mes. Seguiremos a orde que levamos ó longo do curso, comezando por orientación, despois prevención de riscos e por último dereito laboral.

Queda moi pouco tempo así que esforzádevos

Moita sorte

Noticia

Lee a seguinte noticia sobre a materia que estamos tratando e despois contesta ás preguntas que se che formulan:

NOTICIA

1. O traballador pide dous permisos, un por nacemento de fillo e outro por hospitalización da muller. Segundo o estudidado, cántos días lle corresponden por cada suposto?

2. Coincide o que indica o Estatuto co que lle concede a empresa ó traballador? (ten máis días ou menos que o que estudiamos que lle correspondía neste suposto)

3. É posible que esto suceda? (ter 3 días por nacemento de fillo si o Estatuto di que son 2 si non se ten que desprazar). Razoa a resposta

4. Crees que ten razón o traballador ou a empresa? Comenta por qué

5. Consideras suficientes os permisos retribuidos estudiados? Di si algún che parece pouco tempo ou moito e por qué


Olark Livehelp